SOBRE NÓS

A NOSA HISTORIA

Avícola Tratante é unha empresa produtora e comercializadora de ovos que comeza a súa actividade en 1969, ano en que foi fundada por don José Vázquez.

 

Nese momento comeza un proceso de expansión que leva á empresa á creación de naves de posta nos anos 70. Pero a evolución máis importante de Avícola Tratante prodúcese a principios da década dos 80, cando comeza a servir a grandes áreas comerciais, hipermercados e ás cadeas de supermercados máis importantes en Galicia; desde entón a súa actividade experimenta un continuo crecemento, o que lle permite un atractivo posicionamento no mercado.

As naves de produción, control de calidade, clasificación e envasado de Avícola Tratante están situadas na localidade de Sixto, no concello de Dozón (Pontevedra), no centro xeográfico da comunidade galega; isto permítenos garantir aos nosos clientes o mellor servizo, sen dilación na entrega do produto. As nosas instalacións sitúanse nun lugar natural, afastadas de calquera tipo de explotacións, o que garante as mellores condicións sanitarias das galiñas.

O NOSO PROCESO

A recollida do ovo realízase a través dun sistema automático de bandas transportadoras que fan chegar o ovo desde a nave de produción ao centro de recollida Unha vez aquí realízase unha minuciosa selección, eliminando os ovos sucios e rotos. Unha vez recolleitos, os ovos colócanse nuns carros transportadores onde se identifica a granxa de procedencia dos ovos e a data de posta e trasládanse ao centro de clasificación, onde dispoñemos dunha sala de recepción de ovos con temperatura controlada non superior a 16 ºC.

AS NOSAS INSTALACIÓNS

Avícola Tratante conta con amplas e modernas instalacións, o que nos permite cumprir coa estrita normativa de benestar animal de galiñas poñedeiras. Nos nosos núcleos de posta, un método informático de control xestiona automaticamente a combinación de temperatura e humidade, xunto coas horas de iluminación asignadas a cada lote de poñedeiras en función da súa idade, creando o medio ambiente adecuado en cada unha das fases de produción.

No centro de clasificación, os ovos clasifícanse e envásanse segundo as esixencias do mercado e as necesidades dos nosos clientes Para iso dispoñemos dunha máquina clasificadora de ovos electrónica de última xeración, con detector automático de fisuras e de ovos rotos que complementa o minucioso labor de selección desenvolvido polo persoal da empresa.

A NOSA CALIDADE

Para nós, a seguridade dos alimentos que enviamos ao mercado é primordial, e por iso desenvolvemos un sistema de xestión da seguridade alimentaria segundo a norma IFS (International Food Standard) en canto á clasificación, envasado e distribución, que foi certificado por SGS en NIVEL SUPERIOR.

 

Obter a mellor calidade no produto é un obxectivo fundamental, e en Avícola Tratante non paramos ata conseguir un ovo de máxima calidade. Para iso realizamos un exhaustivo control de todo o proceso produtivo, o que nos permite asegurar a correcta trazabilidade do produto. En Avícola Tratante existe un alto control sanitario para, deste xeito, asegurar unha produción de garantía e de calidade. Os pensos que consomen as nosas galiñas están sometidos tanto a análises químicas como microbiolóxicas.

O sistema de análise de perigos e puntos de control críticos (APPCC) implantado na empresa abarca todas as facetas do proceso produtivo, desde a alimentación das galiñas ata a análise do produto previa á súa saída ao mercado.

 

O noso sistema de xestión da calidade conforme á normativa ISO 9001:2000 en canto á produción, clasificación e envasado de ovos foi certificado por AENOR.